SUBSTITUCIÓNS NOVAS PRAZAS OFERTADAS

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA 25 DE ABRIL DE 2024
Xoves, 25 Abr 2024

Publicouse na intranet a Resolución de 25-04-2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan postos para súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Destinatarios/as: Persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estea en situación de activo en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de Xustiza.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

 

Para acceder a resolución PREME AQUÍ.


Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña: 657768693 - 635607376 cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela: 699 234 284 - cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol: 637 108 945 - cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo: 639 921 202 - 669 557 395 cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense: 636 424 191 - mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra: 646 023 058 - cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo: 669 760 087 - cig.vigo@xustiza.gal