TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA OPE 2022/2023 CORRECIÓN DE ERROS NA RESERVA DE NOTA E NOS ENUNCIADOS DOS TEMAS 18 E 19

Resolución publicada no BOE de 13 de marzo de 2024
Mércores, 13 Mar 2024

Orde PJC/231/2024, do 8 de marzo, pola que se corrixen erros na Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna e sistema de concurso oposición, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.

Rectifícase o apartado da reserva de nota, quedando a nova redacción como segue:

"Reserva de nota: As persoas aspirantes que realizando o exame da fase de oposición da convocatoria inmediatamente anterior de promoción interna ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e obtivesen unha nota superior á mínima fixada para aprobalo (60 por cento), pero non obtivesen praza, por non reunir méritos suficientes na fase de concurso daquela convocatoria, quedarán exentos de realizar neste proceso selectivo o exame da fase de oposición pasando directamente á fase de concurso. Esta reserva só se recoñecerá cando o aspirante se presente ao mesmo corpo, ámbito territorial e quenda (sistema xeral ou cota de reserva persoas con discapacidade), salvo que voluntariamente se presente ao exame da presente convocatoria para aumentar a nota. Neste caso, se a nota obtida fose inferior ou non superase o exame, reservaráselle a nota da convocatoria inmediatamente anterior."

Logo tamén mudan os enunciados dos temas 18 e 19.

Se queres ver a resolución completa  PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal