ULTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS MODIFICACIÓN DAS VACANTES EN GALIZA

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Dirección Xeral informándonos de que se vai a modificar a lista de vacantes que se ofertarán no concurso por Galiza
Venres, 06 Out 2023

ÚLTIMA HORA DO CONCURSO

MODIFICACIÓN DAS PRAZAS VACANTES EN GALIZA

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora da DX informándonos de que se vai a modificar a lista de vacantes que se ofertarán no concurso.

A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que a DX tomou a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non teñan sido cubertas a resultas no do ano pasado. 

Entendemos que é un problema grave ao que a DX ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima.

Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que queren participar neste concurso de traslados.

Pendente das modificacións das prazas que se van a ofertar no concurso por Galiza, o resto quedaría como segue:

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza Orde de 27-9-2023, do Ministerio de Xustiza remitida ao BOE, pola que se anuncia concurso de traslados ordinario entre persoal funcionario dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, así como as prazas para resultas do ámbito do Ministerio de Xustiza e das Comunidades Autónomas con competencias transferidas.

Data prevista de publicación no BOE: 9-10-2023

ORDEN BOE CONCURSO 2023.pdf

ANEXO I MINISTERIO AUXILIO.PDF

ANEXO I MINISTERIO GESTION.PDF

ANEXO I MINISTERIO TRAMITACION.PDF

ANEXO II 2023.pdf

ANEXO IV.docx

GESTION MINISTERIO RESULTAS.PDF

TRAMITACION MINISTERIO RESULTAS.PDF

AUXILIO MINISTERIO RESULTAS.PDF

ANDALUCIA RESULTAS GE TR AU.pdf

ARAGON RESULTAS GE TR AU.pdf

ASTURIAS RESULTAS GE TR AU.pdf

CANARIAS RESULTAS GE TR AU.pdf

CANTABRIA RESULTAS GE TR AU.pdf

CATALUÑA RESULTAS GE TR AU.pdf

COMUNIDAD VALENCIANA RESULTAS GE TR AU.pdf

GALICIA RESULTAS GE TR AU.pdf

LA RIOJA RESULTAS GE TR AU.pdf

MADRID RESULTAS GE TR AU.pdf

NAVARRA RESULTAS GE TR AU.pdf

PAIS VASCO RESULTAS GE TR AU.pdf

MANUAL ASISTENTE INSCRIPCION GESTION TRAMITACION AUXILIO 2023

Se precisas ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:

Concurso de traslados 2023


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal