
WEBINARIO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA E DEREITO DA COMPETENCIA

Publicouse no DOG do 24/09/2024 a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se convoca o webinario Contratación pública e dereito da competencia.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de Xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 30 de setembro de 2024.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Desenvolvemento:
Data: venres, 4 de outubro de 2024.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Pode accederse ao manual desde o seguinte enderezo:
https://egap.xunta.gal/Documentos/recursos/[1646047015]MANUAL_TELEPRESENZA_PARA_USUARIOS.pdf
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal