XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OFERTA DE PRAZAS EN GALIZA
No BOE e DOG do 25 de xuño sairon publicadas as prazas que se ofertan en Galiza ás candidatas/so aprobadas/os do proceso selectivo de acceso por promoción interna ao corpo de Xestión, convocado pola Orde PJC/104/2024/ do 31 de xaneiro.
As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A, no prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.
As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
/IMAXES PI XESTION PJC-104-2024/2026-06-25 Imaxe oferta de prazas Galiza Xestion PI - PJC-104-2024.jpg)
Para ver o formulario e as resolucións do DOG-BOE preme nas ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal