
XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA OPE 2022/2023 CORRECIÓN DE ERROS NA RESERVA DE NOTA E NOS ENUNCIADOS DE VARIOS TEMAS
Orde PJC/230/2024, do 8 de marzo, pola que se corrixen erros na Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna, mediante concurso oposición, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.
Rectifícase o apartado da reserva de nota, quedando a nova redacción como segue:
"Reserva de nota: As persoas aspirantes que realizando o exame da fase de oposición da convocatoria inmediatamente anterior de promoción interna ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa e obtivesen unha nota superior á mínima fixada para aprobalo (60 por cento), pero non obtivesen praza, por non reunir méritos suficientes na fase de concurso daquela convocatoria, quedarán exentos de realizar neste proceso selectivo o exame da fase de oposición pasando directamente á fase de concurso. Esta reserva só se recoñecerá cando o aspirante se presente ao mesmo corpo, ámbito territorial e quenda (sistema xeral ou cota de reserva persoas con discapacidade), salvo que voluntariamente se presente ao exame da presente convocatoria para aumentar a nota. Neste caso, se a nota obtida fose inferior ou non superase o exame, reservaráselle a nota da convocatoria inmediatamente anterior»."
Logo tamén mudan os enunciados dos temas 8, 18, 19, 20 e 35.
Se queres ver a resolución completa PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal