XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA. PRÓXIMA PUBLICACIÓN BAREMACIÓN PROVISIONAL FASE DE CONCURSO

Convocatoria Orde PJC/1435/2024 de 4 de decembro
Martes, 24 Feb 2026

​Comunícase que está prevista a próxima semana a publicación da baremación provisional da fase de concurso do acceso por promoción interna ao corpo de Xestión, coa apertura de prazo para realizar alegacións exclusivamente na Plataforma Informática, coas instrucións que se facilitarán e tendo en conta as seguintes recomendacións:

1) En relación cos títulos académicos oficiais, nas alegacións deber achegarse copia da titulación oficial xunto coas alegacións.
2) Antes de realizar alegacións aos cursos xurídicos-informáticos, debe examinarse o contido dos cursos presentados, que están realizados no período indicado na convocatoria, contido xurídico ou informático, horas lectivas, realizado ante Administración ou Organismo competente segundo a convocatoria. Non se admitirá documentación nova de cursos.
3) Con relación aos exercicios anteriores, segundo a convocatoria, serán os exercicios aprobados das 2 últimas convocatorias de Xestión Procesual e Administrativa-Promoción Interna-.
4) No suposto de alegacións aos servizos prestados, comunícase que non se valorarán as alegacións fundadas en vida laboral, cesamentos e tomas de posesión; deberá presentarse certificado de servizos prestados expedido pola Administración competente onde conste a totalidade dos servizos prestados na Administración de Xustiza. Os servizos prestados que non consten ou sexan erróneos na plataforma informática non se puideron solicitar de oficio en tempo e forma das Administracións competentes polo órgano convocante.

Rógase ler o Anexo I.B Fase de Concurso antes de realizar alegacións para os efectos de axilizar a resolución de alegacións e tratamento de datos.

Para máis información preme na ligazón:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/Gesti%C3%B3n-promoci%C3%B3n-interna-PJC14352024


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal