XUBILACIÓN: MODIFICACIÓN DA LOPX

A CIG CONSEGUE O COMPROMISO DO MINISTERIO DE MUDAR A LOPX SOBRE A IDADE DE XUBILACIÓN PARA O PERSOAL DO RÉXIME DE SEGURIDADE SOCIAL
Xoves, 29 Feb 2024

Dende a subida da idade de xubilación na Lei Xeral da Seguridade Social, unicamente o persoal da Administración de Xustiza en Galiza adscrito a ese réxime, tanto titular como interino, atópase con que, se non pide a prórroga antes de chegar aos 65 anos, a DX xubílao forzosamente, aínda que a Seguridade Social non recoñece o dereito a cobrar a pensión ata a idade por ela establecida (no ano 2024, 66 anos e 6 meses), salvo que se teñan 38 anos cotizados, que si da dereito a pensión. Isto provoca, no persoal titular, que aos 65 anos césante no posto de traballo sen dereito a paro nin a pensión. No caso do persoal interino, aínda pedindo a prórroga antes dos 65, a DX concédea condicionada a que se estea traballando, expulsándote da bolsa no caso contrario.

Esta interpretación restritiva da norma só a fai a Xunta de Galiza. Non existe ningunha comunidade, nin o propio Ministerio, que maltrate así de xeito gratuíto ao seu persoal, dado que empregan o sentido común.

Ante semellante despropósito, a CIG emprendeu numerosas accións intentando por distintas vías solucionar a situación. Primeiro intentámolo pola vía do diálogo coa DX, pero foi infrutuoso, polo que houbo que rematar na vía xudicial, estando pendente da resolución do recurso no TSXGz. Ao mesmo tempo, como cremos no diálogo e temos comunicación aberta e fluída co Ministerio, comunicámoslle a situación que está a acontecer no noso país, ante a que quedaron estupefactos. Propuxémoslle a modificación da Resolución de 3 de febreiro de 1997 da Secretaría de Estado pola que se ditan normas complementarias de procedemento para a aplicación da prolongación da permanencia no servizo activo aos funcionarios que integran os corpos ao servizo da Administración de Xustiza. Cónstanos que dende Madrid tamén se dialogou coa Xunta pero dado que non entran en razón, o Ministerio vennos de comunicar que optaron por proceder a modificar a LOPX para que a idade de xubilación do persoal de Xustiza se adapte ao réxime que a cada quen lle corresponda, manténdose os 65 anos para o persoal do réxime de clases pasivas e a idade que estableza a Lei Xeral de Seguridade Social para as persoas pertencentes a ese réxime.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal