XUNTANZA COA MUXEXU SOBRE O CONCERTO SANITARIO

Xoves, 21 Nov 2024

Hoxe, 21 de novembro, a CIG asistiu a unha reunión convocada pola Mutualidade Xeral Xudicial en Madrid. Por parte da administración asistiron a Presidenta do Consello, a Secretaria Xeral e a Xerente da MUXEXU, as que nos trasladaron información sobre o estado actual do concerto sanitario.

O actual concerto, que aínda se atopa en fase de licitación, réxese pola lei de contratos e polo tanto está suxeito a unha serie de prazos. A prima sanitaria foi fixada polo Ministerio de Facenda, idéntica para as tres mutualidades de funcionarios. Foi o pasado 11 de novembro cando se produciu a apertura de sobres e cando se puido comprobar que unicamente se presentaban tres compañías aseguradoras (Adeslas, Asisa e Nueva Mutua). Pero non será ata mañá día 22 cando se saiba definitivamente se estas compañía son as adxudicatarias finais, xa que teñen que presentar obrigatoriamente os informes de solvencia. Se algunha non os presentase tamén quedaría fora da adxudicación.

Dende a Mutualidade queren trasladar a seguinte información:

- En decembro, unha vez coñecidos os nomes das aseguradoras adxudicatarias, publicaranse os cadros médicos e a súa carteira de servizos.
- Todas as/os mutualistas van a estar atendidas pola súa compañía actual ata o 31 de xaneiro de 2025.
- Durante o mes de xaneiro pódese facer o cambio ordinario de entidade médica, que será obrigatorio para aquelas persoas que teñan escollida algunha das compañías que optaron por non concursar (Mapfre, DKV e Sanitas).
- Naqueles casos que a/o mutualista se atope hospitalizada, a compañía ten que seguir obrigatoriamente prestándolle cobertura, cando menos ata o mes de xuño.
- Nos casos de maternidade que se prevea o nacemento para o mes de febreiro tamén están obrigadas a seguir dándolle cobertura.

Dende a CIG trasladámoslle a necesidade de mediar entre as compañías que deixan de prestar o servizo e as que continúan, incluído o SERGAS, para que as/os mutualistas poidan obter de xeito inmediato os seus historiais médicos para entregarllos aos seus novos especialistas, garantindo así a continuidade ininterrompida de tratamentos.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal