XUNTANZA DA COMISIÓN PARITARIA DE PERSOAL INTERINO
Hoxe, 16 de xullo tivo lugar, por videoconferencia, unha xuntanza da comisión paritaria de persoal interino onde se nos trasladou pola adminsitración, entre outros datos, a previsión de resolución das novas bolsas. Houbo 8443 solicitudes para as distintas bolsas e corpos, que se concretan en 3801 solicitantes. Segundo os prazos que manexan, a finais do mes de xullo publicaranse as listaxes provisionais, co que se abrirá o prazo para presentar alegacións durante o mes de agosto, establecendo o mes de setembro como posible data para a publicación das novas bolsas de persoal interino.A Dirección Xeral quedou de facilitar todos os datos numéricos relativos as solicitudes presentadas e da súa calsificación.
A CIG, entre outra cuestións salientou as necesidades dunha verdadeira formación, sobre todo ao persoal que nunca traballou na adminsitración de xustiza, a cobertura inmediata das prazas (que non se agarden, en ocasións meses, para dotar as prazas)
Durante a xuntanza, polas distintas organizacións sindicais, trasladáronse determinadas dúbidas sobre a aplicación da nova normativa das bolsas de interinos (outras foron remitidas e contestadas previamente). Por parte da CIG solicitouse que, dado que se trata dunha mesa paritaria, cuxa misión e velar polo desenvolvemento da bolsa de interinos e non dunha mesa de negociación, todas as cuestións discutidas e presentadas polas centrais sindicais, e sobre as que a administración fixou un criterio, se fixeran públicas (incluso pedimos que se publicaran na intranet) para que así todo o persoal tivera coñecemento das mesmas. A administración preguntou ao resto de centrais sindicais e estas non se opuxeron a que se publicaran tanto as preguntas realizadas como a contestación das mesmas.
Como remate a administración fixou en consenso coas centrais sindicais as seguintes cuestións sobre o funcionamento das bolsas e da propia comisión paritaria:
1) A Comisión, sen prezuizo da xuntanza en sentembro coa constitución das novas bolsasa, reunirase cada 6 meses e cando o solicite algún dos membros por un motivo xustificado.
2) Os chamamentos urxentes telefónicos faranse como mínimo a través de 3 chamadas.
3) En canto a apertura das bolsas para inclusión de novos méritos e de novas soicitudes houbo bastante discusión sobre o particular e ao final a administración pospuxo a decisión a setembro, momento no que traerá unha proposta.
Finalmente a administración quedou de remitir toda a información do falado hoxe e, en canto nola faga chegar, a publicaremos para coñecemento de todas/os.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal