A AEAT exixe e non paga: comparativa cos salarios na ATRIGA

Venres, 16 Out 2026

 

Os directivos da AEAT presumen de ser a elite funcionarial do estado español. Basean esta afirmación na exixencia dunha especialización e actualización constante para emprestarmos as nosas tarefas e asumir cada vez máis cometidos. Porén, a Dirección da AEAT négase a retribuír de maneira xusta e digna estes cometidos; por dicilo cunha imaxe, pretenden ter cirurxiáns a prezo de celadores.

A realidade retributiva da AEAT non se corresponde nin coas tarefas que foi asumindo nin coa realidade de 2026. Os complementos específicos están bloqueados en importes definidos en 2007- en 20 anos as tarefas e obxectivos da AEAT medraron case tanto como o IPC!- e os salarios e complementos tiveron tímidas actualizacións coas leis de orzamentos- cando as houbo, e por baixo do IPC.

Desde 2020 a hoxe perdemos un 12,75% dos cartos reais dos salarios (máis da oitava parte do seu valor). E o acordo salarial que venderon como grande éxito UGT, CSIF e CCOO supón que os soldos suban un 2% como máximo, cando os prezos subiron xa un 4,9% (e aínda queda un trimestre).

A realidade é que os directivos da AEAT miran por riba do ombreiro a outras administracións públicas do estadocando estas retribúen mellor tarefas e cometidos similares aos que desempeñamos o persoal ao servizo da Axencia Tributaria.

Imos facer a comparativa coa outra axencia tributaria do noso país, a ATRIGA, que ten encomendada a xestión dos tributos da Xunta.