A AEAT exixe e non paga: comparativa cos salarios nas Deputacións galegas
A realidade é que os directivos da AEAT miran por riba do ombreiro a outras administracións públicas do estado cando estas retribúen mellor tarefas e cometidos similares aos que desempeñamos o persoal ao servizo da Axencia Tributaria. As deputacións son empregadas moitas veces para facer chistes sobre a Administración Pública e sobre o persoal ao seu servizo. Porén, comparando o que retribúe a AEAT e o que pagan as deputacións galegas, sae malparada a suposta elite: cos datos das RPTs publicadas e actualizadas, e usando o mesmo exemplo, a un C2, a Deputación de Pontevedra paga un 79 % máis ca a AEAT e Deputación da Coruña un 162 %. En C1, Pontevedra paga un 64 % máis e A Coruña un 163 % (das de Lugo e Ourense non hai datos actualizados publicados)
A AEAT pídenos cada vez máis: formación, actualización constante, máis tarefas e máis responsabilidade. E logo non o paga. Os datos están á vista e falan sos. A CIG defende o persoal da Administración Local tanto coma o da AEAT. Comparamos porque as administracións galegas son un referente: se noutras se retribúe mellor, é razoable esixir que a AEAT o faga tamén co seu persoal, sobre todo con quen está nos tramos baixos e non chega a fin de mes
Aquí tes o estudo completo: