A AEAT exixe e non paga: comparativa cos salarios nos concellos pequenos

Martes, 20 Out 2026

A Dirección da AEAT presume de ter un dos cadros de persoal máis cualificados do Estado. Baséase para iso na exixencia dunha formación e actualización constantes e na asunción de cada vez máis tarefas e cometidos. Porén, nega ao seu persoal unha retribución acorde coa responsabilidade que se lle esixe.

A realidade retributiva da AEAT non corresponde nin ás funcións que foi asumindo nin á realidade de 2026. Os complementos específicos seguen bloqueados nos importes de 2007, e os salarios tiveron actualizacións tímidas, cando as houbo, por baixo do IPC. Desde 2020 o persoal perdeu un 12,75 % do seu poder adquisitivo, e o acordo salarial que UGT, CSIF e CCOO presentaron como un éxito fixa para 2026 unha suba do 1,5 % (un 2 % como máximo), cando o IPC de setembro chegou ao 4,9 %.
A situación é máis dura nos tramos baixos. Na AEAT o único salto que se respecta é o do tramo 0 ao tramo 1, así que a maior parte do persoal está no tramo 1. Alí o complemento específico é de 4.895 € ao ano para un C2, 5.428 € para un C1 e 10.132 € para un A2.
Nesta segunda comparativa miramos o que retribúen tres concellos galegos de menos de 20.000 habitantes: Betanzos, Ribadeo e Becerreá. A CIG defende o persoal da Administración Local coma o da AEAT. Comparamos porque as administracións galegas son un referente: se noutras se retribúe máis, é razoable pedir que a AEAT, que exixe cada vez máis ao seu persoal, o retribúa en consecuencia.
Os datos din o seguinte:

  • C2: Ribadeo e Becerreá pagan 5.419 € e 5.196 €, un 11 % e un 6 % máis có tramo 0 e o tramo 1 da AEAT (4.895 €).
  • C1: Ribadeo paga 5.476 € e Betanzos 8.759 €. Sobre o tramo 1 da AEAT (5.428 €) iso é un 1 % e un 61 % máis.
  • A2: Ribadeo e Betanzos pagan 12.122 € e 12.337 €, un 20 % e un 22 % máis có tramo 1 da AEAT (10.132 €), e un 65 % e un 68 % máis có tramo 0 (7.340 €).


Se queres consultar a comparativa, só tes que entrar no noso Blog ou velo no anexo!!