A AESIA continúa na senda do desmantelamento dos Plans de Acción Social

Mércores, 17 Set 2025

Na reunión do Grupo de Traballo celebrada o 16 de setembro aprobouse, co rexeitamento da CIG,  un Plan de Acción Social cun orzamento miserable de 5.635,15€, moi por debaixo do 1% da masa salarial co que se contaba antes do inicio aos recortes dos dereitos das traballadoras/es públicas/os. Malia todo, logramos introducir no Plan algunhas melloras que afectarán ás compañeiras/os da AESIA. Contámosche o máis destacado da reunión na seguinte NOTA INFORMATIVA.