
A CIG demanda a reunión da mesa do acordo horario diante da retirada da cortesía en determinados supostos

Temos recibido numerosas queixas debido a que está a privarse dos 30 minutos de incentivo de presenza efectiva a traballador@s polo simple motivo de acudir ao médico dentro do horario de presenza obrigatoria no Centro de traballo, o que podería suponer unha vulneración, por parte da AEAT, do ACORDO AEAT-SINDICATOS SOBRE O CALENDARIO LABORAL DA AXENCIA TRIBUTARIA, DE 05 DE XUÑO DE 2003
O “incentivo de presenza efectiva”, a “cortesía”, atópase regulado no punto DÉCIMO CUARTO do Acordo indicado anteriormente, e o mesmo indica textualmente:
“En todos os horarios establecidos nos apartados anteriores, existirá un incentivo de presenza efectiva, consistente en quince minutos á entrada e quince á saída, sempre que se cumpra a parte fixa do horario.…”
Doutra banda, no punto NOVENO do Acordo, indícase textualmente:
“As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia por causa de enfermidade, incapacidade temporal ou outras causas, requirirán o aviso inmediato ao responsable de control horario, así como o seu ulterior xustificación acreditativa que será, cando cumpra, notificada a este, quen, no seu caso, validará a xustificación da ausencia.…”
Deste punto interprétase claramente que estas ausencias por acudir a consultas médicas atópanse xustificadas, polo que non se pode privar a@s traballador@s do incentivo de presenza por acudir a citas médicas, algo que se comezou a aplicar nestes primeiros días do mes de marzo
Para máis inri, até este mes de marzo de 2024, e desde a firma do acordo referido de 5 de xuño de 2003, é dicir, desde hai máis de 20 anos, utilizouse un mesmo criterio en todos estes casos, criterio que parecía estar claro até este mes de marzo, no que a Administración, unilateralmente e sen previo aviso, decidiu cambialo
Por se todo isto fose pouco, na Intranet da Axencia Tributaria, publicouse un documento, dentro da área informativa de RRHH, denominado Nota informativa sobre ausencias, xornadas e horarios, de 15 de xaneiro de 2013, na que, na súa páxina 3, di o seguinte:
“- Xustificación de ausencias: …Os períodos de tempo por ausencias parciais consecuencia da “asistencia a consulta, proba ou tratamento médicos”, que só será polo tempo necesario, requirirán xustificación documental, pero consideraranse como traballo efectivo.”
En base a todas estas disposicións e documentos, mesmo vén a vulnerar o disposto no Plan Concilia, retirándose a cortesía tamén nos casos en que se cumpre a presenza obrigatoria determinada para as persoas con dereito a conciliación.
Na CIG non entendemos este cambio de criterio que se adoptou este mes pola Administración, imposto unilateralmente e sen ningún tipo de negociación nin preaviso pola súa banda. Por este motivo, temos demandado que se regrese ao criterio que se veu aplicando desde a firma do Acordo, así como a devolver os 30 minutos de presenza efectiva que se quitaron a l@s traballador@s
Na CIG non entendemos este cambio de criterio que se adoptou este mes pola Administración, imposto unilateralmente e sen ningún tipo de negociación nin preaviso pola súa banda. Por este motivo, temos demandado que se regrese ao criterio que se veu aplicando desde a firma do Acordo, así como a devolver os 30 minutos de presenza efectiva que se quitaron a l@s traballador@s
Do mesmo xeito, demandamos aclarar cal é o motivo de devandito cambio de interpretación e convocar ás organizacións sindicais asinantes do acordo para as explicacións oportunas para o cambio de criterio