ACORDO NA MESA DELEGADA DA SEGURIDADE SOCIAL
POR FIN HAI UNHA ACORDO NA MESA DELEGADA DA SEGURIDADE SOCIAL
Tras un intenso proceso de negociación, froito da campaña de mobilizacións conxuntas convocadas por CSIF, UGT, CCOO e CIG, chegouse a un Acordo na Mesa Delegada da Seguridade Social.
Os principais aspectos do Acordo asinado son:
- Calendario laboral:xornada xeral de 35 horas ou 37,5 para o persoal con especial dedicación, o horario de presenza obrigatoria de 9 a 14 horas, así como unha serie de medidas de flexibilización e mellora da conciliación do persoal da Seguridade Social. Este punto desenvólvese máis adiante
- Traballo no presencial:Implantarase un segundo día de traballo non presencial á semana, con carácter xeral e voluntario, en todas as Entidades Xestoras e Servizos Comúns, con efectos do 1 de outubro de 2026. O prazo de solicitude abrirase o 1 de setembro. As causas de denegación serán elevadas ao grupo de traballo da Mesa Delegada para o seu estudo e procura de solucións, se fose o caso
- Productividade: con carácter xeral aprobarase un incremento de cinco tramos para a totalidade do persoal na produtividade por cumprimentos de obxectivos de xestión. Esta medida de mellora aplicarase de forma progresiva, nun máximo de catro semestres (tres tramos os dous primeiros, dous os restantes), comezando por aquel no que se aproben os Orzamentos Xerais do Estado que dean soporte a este incremento de produtividade. Como recoñecemento adicional ao labor realizado polos postos de traballo de nivel complemento de destino 22 e inferiores aprobarase engadir unha contía fixa ao incremento xeral de tramos indicado anteriormente para todos os postos de traballo de nivel complemento de destino 22 e inferiores. Estas melloras tamén serán de aplicación ao persoal laboral e fóra de convenio
- Prevención de riscos laborais: Convocarase no mes de setembro unha reunión do Grupo de Traballo de protocolos para a aprobación e implantación inmediata, se fose o caso, dos protocolos de desconexión dixital e actuación ante fenómenos meteorolóxicos e xeorriscos adversos
MEDIDAS CONCRETAS EN CALENDARIO LABORAL
1. Establecemento dunha xoranda xeral de 35 horas de traballo efectivo, equivalente a mil cincocentas trinta e tres horas anuais (1.533).
2. Horario de presenza obrigatoria de 9 a 14 horas, de luns a venres.
3. Inicio da xornada ás 7:00 nos centros de traballo onde non haxa impedimentos motivados.
Naqueles centros de traballo onde motivadamente existan condicionantes que o impidan por razón da vixencia dos contratos de vixilancia, limpeza, mantemento, seguridade, ou outros, realizarase un estudo de custos de implantar esta medida, con data límite ao 30/09/2026.
Fixarase, con data límite ao 30/10/2026, un calendario de entrada en vigor en todos os demais centros de traballo onde no se puido realizar a súa implantación de forma inmediata.
O horario de comezo da xornada flexible establecerase nas 7 horas, naqueles centros de traballo que polas características do mesmo así se permitan, segundo os parágrafos anteriores.
As Entidades Xestoras e Servizos Comúns, así como a Intervención Xeral da Seguridade Social, realizarán un seguimento e monitorización da actividade prestada nesta modalidade, a fin de asegurar o cumprimento íntegro das funcións encomendadas, a prestación adecuada dos servizos públicos e a atención directa á cidadanía.
4. 15 minutos diarios de "cortesía": A referencia temporal do punto noveno, letra d) do Acordo do 23 de febreiro de 2004, que dá lugar ao calendario laboral actual, sitúase en quince minutos diarios.
5. Actualización do ámbito de aplicación, no caso do ISM, precísase que quedan excluídos o persoal dos buques, e a Escola de Formación Profesional de Las Palmas, que se rexerá pola súa normativa específica; No caso do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, precísase que se mantén a exclusión do persoal laboral que presta os seus servizos nos Centros dependentes das Direccións Territoriais dependentes e Xestión centralizada do IMSERSO, e que continuarán rexéndose polas súas normas específicas, e, se fose o caso, horarios especiais.
6. Só se descontará a pausa da comida un día á semana: O persoal con réxime de maior dedicación e maior vinculación disporá dunha interrupción para a comida, que non computará como traballo efectivo, e que será, como mínimo, de trinta minutos, sempre que a finalización da xornada sexa posterior ás 16:00 horas. O resto dos días da semana non existirá obrigación de interrupción da xornada. Esta medida entrará en vigor con data 01/09/2026, a fin de que o sistema de control de presenza poida adaptarse a esta medida, con afectación directa ao inicio da xornada ordinaria.
7. Ampliación da xornada de verán por motivos de conciliación: poderáse gozar desde o luns da semana do 1 de xuño e ata o venres da semana do 30 de setembro. Este dereito poderá gozarse ata o ano no que o menor cumpra 14 anos.
8. Ampliación do período de gozo das vacacións: con carácter xeral, a metade da totalidade dos días de vacacións anuais, deberán ser gozados entre os días 1 de xuño ata o 30 de setembro.
9. O persoal que precise atender a un familiar de primeiro grao (consanguinidade ou afinidade) regulada no artigo 48.i do EBEP e no artigo 66.1 do IV Convenio Único para o persoal laboral, por razón de enfermidade moi grave poderá gozar dunha redución de xornada do 50% da mesma con carácter retribuído durante un mes ou a acumulación das horas regulamentarias a gozar no prazo máximo dun mes.
10. Permiso por accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización ata primeiro grao: os permisos a que dean lugar as situacións previstas no art. 48.a) do EBEP, e art 75.c e 75.d do IV Convenio Único de persoal laboral poderanse gozar ata un máximo de 20 días hábiles posteriores, a computar desde o día seguinte da finalización da causa do permiso.
11. Arredondamento á alza dos permisos nos anos de incorporación, reincorporación e de cese no traballo.
12. O cómputo da xornada será mensual co obxecto de compensar posibles déficits ou excesos de xornada noutras semanas durante o mes en curso ou a primeira semana do mes posterior.
13. Recoñecerase un día de asuntos propios adicional por cada festivo nacional que caia en sábado.
14. Aplicaranse á xornada de traballo non presencial os mesmos límites que á xornada presencial.
15. A bolsa de horas de conciliación fíxase nun 7% da xornada anual.
16. A duración da xornada de tardepoderá ser inferior á establecida con carácter xeral nos casos nos que realizar as tres horas implique exceder o final da xornada flexible ou cando sumada a xornada de mañá e de tarde implique realizar máis de 7.30 horas.
Non foi un Acordo doado, como case ningún. Nel reflíctense aspectos polos que levabamos moito tempo loitando. Outros seguirémolos loitando.
Desde CSIF, UGT, CCOO y CIG queremos agradecer a participación nas mobilizacións conxuntas convocadas, onde puxemos de manifesto que a unión dos sindicatos da Mesa Delegada e do persoal da Seguridade Social fai moverse de posición á Administración.
Estaremos vixiantes para que se cumpran todas estas medidas nos prazos acordados porque, como repetimos moitas veces, as leis e os Acordos son para cumprilos.