BLACK FRIDAY NO INE

Mércores, 03 Dec 2025

Continuamos coa dinámica de privatizacións, se o trimestre pasado desviaron case nove millóns de Euros a empresas privadas para a realización de traballos propios do INe, este trimestre súmanlle outros oito millóns máis. Ademais agora xa non existen enquisas intocables, estas empresas xa facían a EPA, Condicións de Vida.... pois agora empezan a facer PF, o Censo de Vivendas etc... pouco lles falta para empezar co IPC ou cos procesos electorais, tempo o tempo.

Namentres, a perda de efectivos é alarmante, se nun ano se xubilan ou marchan unha media de 250 compañeiras e compañeiros do Grupo 3G, como moito se incorporan 100 do C1 especialidade estatística. Botade contas. Iso si, nestes dous últimos anos convocaron 321 postos dos grupos A1 e A2. Velaí o modelo de futuro para o noso organismo, xefes da administración e empresas privadas para a recollida de datos. É como o conto da traiñeira con moitos timoneis e case ningún remeiro.

Desde a CIG volvemos a insistir na nosa petición para que se faga un estudo do que custaría facer algún deses traballos con persoal propio, para comparar os custos e a calidade dos mesmos. Nin respostan, xa saben cal vai a ser o resultado.

Ver NOTA COMPLETA