Ceses e tomas posesión Macro 2026
A CIG LEMBRA O DEREITO DO PERSOAL A ELIXIR O DÍA DA TOMA DE POSESIÓN
O xoves 15/10/2026 publicouse no BOE a resolución do Concurso Macro 2026.
Hoxe, venres 16, nótese a previsión e planificación previa, as entidades están empezando a difundir unhas instrucións recibidas da Subdirección Xeral de RRHH e Inspección de Servizos do Ministerio, onde explican como se vai executar o cese e a toma de posesión.
Nesas instrucións noméase a normativa de toma de posesión, o artigo 48.1 do RD 364/1195. Tamén se aclara que, debido ao alto volume de movementos, farase de oficio o cese o domingo 18 e a toma de posesión o luns 19. Isto aplicará ás persoas que xa estaban destinadas na Seguridade Social, non cambian de residencia e que non se lles vaia diferir o cese segundo o establecido no artigo 48.2.
Agora ben, a CIG quere lembrar cal é a normativa e cales son as posibilidades que ten o persoal en relación con este asunto:
- O cese e toma de posesión de oficio é algo que se ven facendo nos macros anteriores tamén. Simplifica o traballo ás unidades de persoal e ‘iguala’ ao persoal para futuros méritos en días de trabalo desenvolto. Pero isto non cambia as posibilidades que lle outorga a normativa vixente ao persoal.
-
O prazo para a toma de posesión son 3 días hábiles. Isto quere dicir que se a persoa quere ir o luns 19 ao novo posto e tomar posesión pode, pero tamén pode ir o martes 20 ou o mércores 21.
-
A obriga que ten a persoa é tomar posesión dentro do prazo posesorio, pero en ningures se establece ningún horario concreto.