COPA xaneiro "Quen moito abarca pouco apreta"
Grupos de Traballo de Xubilación Parcial, Complementos RTC, troco de Réxime Xurídico e Traslados e Negociadora do V Convenio Único.
Estas dúas semanas tivemos reunións da Permanente, a COPA e de todos os Grupos de Traballo dela dependentes e tamén da Negociadora do V Convenio. O resumo sería; moita actividade e case ningún avance.
Na COPA seguimos coa mesma dinámica de asignación de complementos, iso si, os que a Función Pública lle da a gana, e sen ter en conta as propostas e necesidades dos ministerios. Desde a CIG instamos ó resto de organizacións sindicais a plantarnos ante este abuso dunha parte da Administración e reclamar que se cumpra o Convenio, pero permiten e calan.
Función Pública e o resto de sindicatos tamén ratificaron un acordo polo que se crean tres áreas temáticas para realizar as convocatorias e clasificar ó persoal do Grupo E0 ( persoas con discapacidade intelectual) e que nos denunciamos que vulnera o IV Convenio, xa que este contempla un procedemento especifico para a creación de especialidades que decidiron non usar e que supón unha discriminación para estas persoas que verán limitada a súa mobilidade e acceso o emprego por ter unhas perores condicións de traballo ás do resto do persoal do Convenio.
Na reunión de decembro dixeron que xa dispoñían dos datos da masa salarial de 2024 e 2025, precisa para poder aplicar as subas salariais nas retribucións complementarias, pero tal e como nos avanzamos na anterior nota , aínda non teñen nin idea de cando nos van a facer a actualización e pagar os atrasos. Outro indicio máis da parálise de Función Pública.
Ver Nota Completa ca información dos grupos de traballo.