
Dirección Xeral de Tráfico
A CIG presentou recurso administrativo contra a convocatoria do concurso xeral de traslados convocado o 15 de xaneiro reclamando que se convoquen as prazas galegas que constan vacantes na última RPT publicada do organismo. En concreto reclamamos a convocatoria de 2 postos de operador/a na JPT da Coruña, 3 da JPT de Pontevedra e 4 na OLT de Vigo, xa que entendemos que son imprescindibles para garantir un correcto desenvolvemento do servizo público que temos encomendado.
Por outra banda presentamos outro recurso ante Función Pública –do que xa informamos tamén á DXT- contra a Resolución pola que se publican os destinos provisionais para o persoal que aprobou o último proceso selectivo para o acceso ao Corpo de Xestión. Na xuntanza de Mesa Xeral do pasado día catro, fóra da orde do día xa que non atenderon a nosa petición dunha reunión extraordinaria para tratar este asunto, informamos desta reclamación á DXT na que solicitamos que se revisen as adxudicacións e se apliquen criterios de igualdade.
Ver NOTA completa