
Grupo de Traballo do INe

O noso organismo, de seguir así, vaise converter nunha filial da empresa TRAGSA. Pese á incorporación dun destacable número de efectivos dos Grupos A1 e A2, seguimos aumentando exponencialmente o orzamento dedicado á privatización de enquisas que deberíamos realizar nos, e o que ten contratar temoneiros e non remeiros. Con esta dinámica, en non moito tempo será maior o orzamento dedicado a empresas externas que o do propio INE. Nesta reunión trasladamos, outra vez, a nosa petición para que o INE realice un estudo dos custos e calidade das enquisas que fan estas empresas co que supón facelo con medios propios, pero isto non lles interesa, coñecen perfectamente a resposta. Tamén puxemos de manifesto a incoherencia de privatizar por primeira vez a depuración da enquisa de Condicións de Vida ó mesmo tempo que se incorporan máis de 100 técnicos en estatística. Sacade as vosas conclusións.
Ver NOTA INFORMATIVA