Información sobre a proposta de modificación da RPT da inspeción de Traballo

Luns, 12 Mai 2025

Nada novo baixo o sol. Unha vez máis a administración, neste caso imos botarlle a culpa a Función Pública, sácase da manga unha proposta de algo ao que non se lle pode chamar acordo debido a que en ningún caso foi negociado coa parte social. Desde a inspección pretenden facernos crer que este acordo é bo, necesario e imprescindible para o organismo. E poida que aí estea o truco do trato, en que é bo para o organismo non para o seu persoal ou polo menos para a gran maioría de persoal. Concretan esta medida en base a dous puntos fortes, creación de postos de traballo e racionalización da estrutura da inspección.