Mº de Politica Territorial - COMUNICACIÓN RESOLUCIÓN NOVO SISTEMA DE PRODUCTIVIDAD

Xoves, 25 Xun 2026

VENDÉRONNOS PRODUTIVIDADE POR OBXECTIVOS E ACABARON CREANDO CINCO PRODUTIVIDADES DIFERENTES

A Dirección Xeral da Administración Xeral do Estado no Territorio vén de aprobar UNILATERALMENTE o novo sistema de produtividade para as Delegacións e Subdelegacións do Goberno. Desde a CIG debemos manifestar a nosa decepción tanto polo contido da resolución como pola forma en que se desenvolveu a negociación. A Administración presentounos un documento pechado, sen posibilidade real de análise conxunta do texto definitivo e sen permitir ás organizacións sindicais formular alegacións ao seu conxunto antes da súa aprobación.

O que se nos trasladou como unha negociación sobre produtividade por obxectivos acabou converténdose nun sistema formado por cinco modalidades diferentes de produtividade: por obxectivos, para a Alta Dirección, por especial dispoñibilidade, por xornadas e horarios especiais e para situacións extraordinarias, no que os postos superiores son os grandes beneficiados.

O punto de partida era tan baixo, tan limitado e tan frustrante para boa parte do persoal das Delegacións e Subdelegacións do Goberno que calquera mellora cuantitativa nas percepcións económicas debe ser benvida. Polo que decimos que hai mellora cuantitativa, pero a CIG NON ESTÁ DE ACORDO con que a Administración proveite unha reforma que debía servir para recoñecer o traballo de todo o persoal para consolidar tratamentos diferenciados e privilexios retributivos nos niveis superiores da organización.

O verdadeiro debate agora lida a resolución é quen a cobra, en que condicións e con que criterios se distribúen os recursos públicos. E nese aspecto, os anexos da resolución deixan máis interrogantes que respostas.

ANÁLISE TÉCNICA DOS ANEXOS DA RESOLUCIÓN DE PRODUTIVIDADE DAS DELEGACIÓNS E SUBDELEGACIÓNS DO GOBERNO: Ver NOTA CIG