
NI Plan de Formación 2024 no Ministerio do Interior

O pasado día 20 participamos na xuntanza de formación onde traballamos na proposta para o 2024.
Como novidade respecto a anos anteriores vanse ofertar na modalidade presencial cursos referentes á utilización de aplicacións informáticas para a xestión de recursos humanos (SAP) e xestión administrativa (NERHU-ALFIL) no ámbito da Garda Civil, tal e como solicitamos dende o noso sindicato.
Está previsto ter outra xuntanza a mediados de xaneiro para rematar de dar forma á oferta de formación, así que se tedes algunha proposta nesta materia aínda podedes achegalas.