Nota informativa da reunión da Subcomisión Paritaria CSIC

Venres, 16 Out 2026

 Horas extraordinarias, compensadas e abonadas.

Secretaria Xeneral Adxunta de Recursos Humano (SXARH) nos informa da notificación de horas extraordinarias compensadas de xaneiro a setembro de 2026 pero coma sempre hai centros non comunican todas as realizadas ao servizo de persoal laboral do CSIC. Tamén informou das abonadas que se calculan en xullo coa identificación nese momento da masa salarial. Esta información e necesario para identificar os postos susceptibles de ter un complemento, por exemplo, de disponibilidade horaria. CIG recordou na última Subcopa que esta comunicación inclúe tamén as horas compensadas para o persoal laboral indefinido contratado, e desta vez hai determinados ICUS que si mandaron esta comunicación. SXARH pide que se sabemos de casos de compensación horaria pero non está reflexada no listado o fagamos saber para pedir esa información aos ICUs.

 Situación de convocatorias

Sobre a convocatoria do MICIU dos contratos de relevo por xubilación, os procesos selectivos tiveron lugar o 7 de marzo. As persoas contratadas incorporáronse o día 1/10/2026 e hai 43 prazas adxudicadas.  Producíronse tres renuncias e unha desas prazas cubrirase posteriormente.

As prazas de discapacidade de estabilización dentro de convenio están no proceso de entrega da documentación acreditativa de méritos que rematou o 6 de outubro. Hai 30 adxudicacións e quedan desertas máis de cen, so se cubriron menos un terzo das convocadas.

OEP 2024: As dúas prazas de Titulado Superior Fora de Convenio está en prazo de presentación de méritos e documentación con prazo ata 29 de outubro.

OEP 2023-2024: O listado de admitidos provisionais dos postos dentro de convenio está enviado ao BOE por parte do ministerio do que ten o CSIC a encomenda.

SXARH informa da contratación persoal laboral no exterior dun posto de bibliotecario en Italia na Escuela Española de Arqueoloxía en Roma que xestiona o CSIC. Queda unha proba por realizar prevista para outubro.

Está pendente a adxudicación definitiva de concurso de traslados aberto e permanente, o Concurso Aberto e Permanente (CAP) II e os postos do Anexo II. Non se cubriron todas as ofertadas

A CIG pregunta sobre o procedemento de solicitude para pedir prazas para a promoción interna para a OEP de 2025 e 2026. Instan a que se coñecemos postos que teñan a posibilidade de promoción interna o comuniquemos as xerencias para que manden eses postos porque é moi difícil que se cubran e non se poden pasar a quenda libre e é Función Pública a que convoca e pode eliminalas.

As OOSS expoñen os problemas sobre as tarefas e funcións asignadas ao persoal que estabilizou que se cambian ou redistribuídas a outros departamentos ou servizos xerais por parte das direccións do ICU. Este é un problema para os postos no que a especialidade non coincide coas tarefas. SXARH indica que si coñecemos postos con estes problemas o fagamos saber para evitar posibles conflitos.

 Modificacións RPT

SXARH informa das modificacións da RPT para incorporación dos postos adxudicados no CAP e para a incorporación dos postos do proceso de estabilización pola quenda de discapacidade que están a punto de incorporarse.

CIG solicita información sobre os postos correspondentes ao cambio de réxime xurídicod os grupos 2G a Escala de Xestión de Organismos Autónomos. O proceso está na fase de que xa está publicada a lista de aprobados. A administración indica que se prevé a finalización do proceso proximamente pero probablemente tarde un pouco a toma de posesión. CIG pregunta cantos postos se modificarán no Consello. Trátase dunde administración e 5 postos de enxeñería técnica dos incorporados no CSIC.

SXARH informa dunha modificación de quenda para unha persoa recién incorporada polo proceso de contratos de relevo por xubilación parcial. Trátase dun posto de conductor con quenda de mañá que quere pasar a tarde e existe a necesidade por parte de Oficialía Maior de cubrir ese posto con alguén pola tarde con persoal propio. Queda pendiente modificar o contrato con quenda de tarde.

CIG solicita información sobre os postos vacantes para avaliar o estado da RPT e os postos que non están cubertos actualmente na RPT para saber a folgura da mesma e a posibilidade de postos para o concurso de traslados e promoción interna. Xa mandaron os listados de ocupación. 

Situación xubilación parcial

SXARH indica que 41 solicitudes de Xubilación Parcial no consello en 2026 con dous desestimentos. Hai 31 solicitudes pendentes, das que 8 xa están finalizadas. Hai novacións para que iniciaran Xubilación Parcial, 6 iniciaran hoxe e dúas quedan para o 1 de novembro. Os relevistas vincúlanse a un posto de laboral fixo, polo que non teñen por que cubrir o posto do que se xubile parcialmente . Ata abril de 2027 non teñen previsto vincular a taxa de reposición. De feito, se sabe que están vinculando postos de Xubilación Parcial do CSIC noutros ministerios.

Contratación de persoal

A aplicación nova de bolsa avanza, de tal maneira que xa ten un módulo de firma da adxudicación para asinar os contratos. Está avanzada por parte da SGAI e a empresa externa.

CIG solicita información sobre o número de contratos indefinidos xa finalizados e/ou as adendas realizadas, así como sobre o custo das indemnizacións con cargo aos centros, no caso de que este non sexa elixible ou se impute a custos indirectos. Mandaron a información dos postos finalizados este ano, levamos 867. Pertencen a contratos normalmente iniciados como moi pronto no 2022. SXARH informa que se fixeron 745 adendas por cambio de proxecto na misma liña de investigación. Ábrese un debate sobre o número de adendas, ou a problemática dos proxectos PRTR para distinguir as extincións efectivas, continuidades e novas contratacións.

Cuestións relativas a aplicación do calendario laboral

As OOSS informan sobre problemas coas xustificacións dos documentos de visitas médicas. Hai xerencias que piden un documento no que piden selo da consulta e iso atenta contra a intimidade das persoas. Se solicita un criterio único para estes casos en todos os ICUs.

Atrasos

SXARH informa sobre o reintegro dun pagamento indebido correspondente aos atrasos do 2,5 %, que se abonaron na nómina de xuño deste ano. Produciuse un erro na preparación da nómina e duplicáronse nóminas que xa foran pagadas. Un total de 587 persoas cobraron dúas veces eses atrasos, polo que se está a solicitar o reintegro dos importes indebidos. A 382 persoas xa se lles solicitou o pagamento voluntario.

Se non se realiza voluntariamente, deberá reclamarse pola vía de constrinximento a través da Axencia Tributaria. No caso das persoas que cambiaron de nómina, non se solicitou o pagamento voluntario. Estase a informar de todo este procedemento ás persoas afectadas. SXARH expresa a súa preocupación e pide desculpas polo erro, pero sinala que é necesario solucionalo para evitar problemas coa Intervención.

As OOSS indican que o prazo concedido para realizar o pagamento voluntario foi moi curto, especialmente tendo en conta que as persoas afectadas tiveron que esperar moito tempo para cobrar eses atrasos.

As OOSS tamén falan dos atrasos de trienios por traballadores por trienios recoñecidos como laborais pero que non aplica ao persoal funcionario. Falan que afectan a trienios de fundacións cun réxime xurídico de carácter privado.

Comentarios e preguntas.

As OOSS falan dun caso dun E0 na que o CSIC non ten praza en Jaén pero sí hai sedes doutros organismos da AXE. O informe médico por parte do servizo de prevención do CSIC non avalía moi ben o traslado aínda que xa foi trasladado a un centro do CSIC de Granada. Fálase da implantación das unidades de inclusión no CSIC.

Tamén se fala do persoal laboral M3 con titulación de doutor que non pode promocionar por promoción interna e se explica a causalidade por falta de grupo profesional M4 e a imposibilidade de funcionalización por promoción horizontal por parte de Funcion Publica.

Tamén se solicita información sobra a situación da petición de complementos que se está a traballar no grupo de traballo, primeiro os MJ e despois os DH.