
Nota informativa Subcomisión INE e Ministerio de Economía

Esta semana mantivemos as reunións de subcomisión do INe e do noso ministerio, sen novas destacables, o INe segue en parálise, os únicos avances significativos son os referidos á privatización de servizos, outros nove millóns de Euros este trimestre para que empresas externas realicen o noso traballo. O Consello de Dirección recoñece a situación critica de moitas unidades derivada da perda constante de persoal, pero non fai nada por evitala, non digamos xa por revertela. Desde a CIG fomos moi críticos coa inacción do organismo, mentres noutros ministerios os seus xestores están actuando na mellora das condicións laborais do seu persoal laboral; a través incrementos substanciais na produtividade, asignacións de complementos..... No INe ségueno estudando
Ver NOTA INFORMATIVA completa