O INSS corrixe o erro a instancias da CIG

Venres, 31 Out 2025

    A CIG publicou unha nota informativa denunciando unha situación na que tras un erro humano, neste caso, unha persoa ía ver reducida indebidamente a súa pensión para toda a vida.

 

Todos temos errosmáis aínda coas excesivas cargas de traballo que soporta o persoal da Seguridade Social. Queremos sacar a maior cantidade de traballo posíbel para que as persoas reciban a súa prestación, pero as presas tamén traen erros. O sistema debe ter mecanismos para corrixir este tipo de situación, pero é necesario que a Administración teña a vontade de buscar solucións.

 

O propio persoal do INSS da provincia de Pontevedra e a CIG solicitaron que se corrixira este erro. Sorprendentemente dende a Dirección Provincial do INSS en Pontevedra explicaban que no había solución posíbel.

 

A CIG fixo xestión en Madrid na Subdirección Xeral de Xestión de Prestacións. Exposta a situación entendeuse procedente iniciar unha revisión de oficio para solventar esta situación que nunca tivo que chegar a estes extremos.

 

CIG alégrase da rectificación do INSS, a cidadanía debe efectivamente poder desfrutar dos dereitos que a lexislación lle outorga e, sobre todo, o persoal da Seguridade Social debe ter a seguridade de que a Administración actuará dilixentemente nos posíbeis erros que acontezan.