Os dereitos das traballadoras... no vagón de cola da posta en marcha da AESIA
Na reunión do Grupo de Traballo da AESIA constatamos que, despois de ano e medio de actividade, segue sen darse resposta a dereitos básicos das traballadoras e traballadores deste organismo. Máis desde a CIG continuamos a reclamar o cumprimento estricto deses dereitos.
FRACASO DO RIDÍCULO “PLAN DE FORMACIÓN” EN 2025
Hai xa dous meses CIG denunciou o “plan de formación” anunciado pola AESIA para cubrir a papeleta neste 2025, cun curso de inglés de 50 horas e un curso básico de IA de 15 horas. Pois ben, dous meses despois a Administración informa que o curso de inglés non se poderá levar a cabo este ano por falta de orzamento propio (cuestión que xa se coñecía hai 2 meses) e, aínda que anunciaron que procurarían voluntarias/os entre o persoal da Axencia para impartir o curso de IA, hoxe sabemos que finalmente decidiron de forma interna quen impartirá esta formación, unha docencia que sí será retribuida. Desde a CIG continuamos a reclamar que se inicie xa o estudio de necesidades para o Plan de Formación de 2026, contando coa opinión das traballadoras/es. A Administración informa que iniciará este estudio antes do remate do ano.

RECLAMAMOS A AUTONOMÍA ORZAMENTARIA PARA ATENDER OS DEREITOS DAS TRABALLADORAS
Despois de meses e meses parapetados trala excusa da falta de orzamento propio, parece que a Administración abre a porta a que a AESIA conte con orzamento propio no 2026, incluso nunha situación de prórroga dos Orzamentos do Estado. Desde a CIG consideramos esta unha cuestión fundamental para rematar coas excusas da Administración para evitar tratar asuntos de gran importancia para as traballadoras e traballadores da Axencia como son o desenvolvemente dun regulamento propio de productividade xusto e transparente, un novo plan de formación ao xeito, ou o programa de acción social para 2026… No referente á acción social, reclamamos tamén que se aclaren canto antes as obrigas do Concello da Coruña respecto dos compromisos que adquiriu para acoller a sede da Axencia: axudas en materia sanitaria (de até 4.800€ por unidade familiar), de acceso á vivenda (para o aluguer ou compra), de estudos para a conciliación familiar… que están aínda sen concretar nin formalizarse.
OS POSTOS EN ADSCRICIÓN PROVISIONAL DEBEN SAÍR XA A CONCURSO
Desde a CIG reclamamos máis unha vez a convocatoria dun concurso de mobilidade para o persoal funcionario no que se inclúan os 13 postos cubertos agora mesmo por persoal en adscrición provisional, unha forma de provisión extraordinaria para casuísticas tasadas no artigo 63 do RD 364/1995 e que deberían ter sido convocados “para a súa provisión definitiva no prazo máximo dun ano” segundo se recolle no artigo 62 da mesma normativa.
AVANCES NO ESTABLECEMENTO DAS BASES PARA A PROTECCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Nesta reunión a Administración presentou por fin o Informe de Avaliación de Riscos, con fichas individualizadas por cada posto de traballo. Segundo nos indican, esta información foi xa trasladada ás traballadoras/es (de non ser así, por favor contacta connosco canto antes). A Administración informou tamén que están a traballar nun contrato de PRL para o vindeiro ano, o cal incluirá tamén as revisións médicas.
SEGUIMOS SEN UNHA SOLUCIÓN PARA O ACCESO AUTÓNOMO AO EDIFICIO
As traballadoras/es da AESIA continúan sen poder facer uso do seu dereito a flexibilizar o seu horario de traballo ao non poder acceder ao edificio da rúa Veeduría fóra do horario de apertura do Centro Cívico. Hai xa dous meses reclamamos unha solución que permitise cumprir este dereito, pero a Administración propón agora como solución a contratación de persoal propio de seguridade cun horario a partir das 8:00 da mañá. Desde a CIG indicamos que non teñen sentido solucións que non permiten asegurar os dereitos das persoas traballadoras (que debería poder iniciar a súa xornada desde as 7:00 da mañá se así o desexan) e que, polo tanto, a solución proposta é insuficiente. Reclamamos outro tipo de solución para que o persoal da AESIA poda acceder ao seu centro de traballo sen depender do horario de apertura do edificio ao público.
AESIA INCUMPRE COS DEREITOS Á COMUNICACIÓN SINDICAL
Como informamos xa hai 2 meses, CIG reclamou un simple taboleiro sindical no que poder informar aos traballadores/as desta casa da actividade sindical en defensa dos seus dereitos. Dous meses despois continuamos agardando…
ENLACE Á NOTA INFORMATIVA EN PDF.