Os salarios da AEAT perden un 12,36% de poder adquisitivo a causa do acordo salarial que a CIG non asinou
A evolución salarial do persoal da Axencia Tributaria entre 2020 e hoxe confirma que a perda de poder adquisitivo non só continúa, senón que se acelera. Mesmo coa aplicación dos incrementos previstos nos escuálidos acordos estatais, que a CIG non asinou nin comparte, os salarios seguen sen compensar o aumento real do custo da vida.
De feito, os datos oficiais do INE amosan que a inflación se disparou nos últimos meses: pasamos dun IPC do 2,3% en xaneiro a un 4,3% en agosto, o dato máis alto en tres anos. Mentres tanto, o acordo salarial asinado por CSIF, UGT e CCOO limita a suba de 2026 a un máximo do 2%. É dicir, os prezos medran máis do dobre que os nosos salarios.
De feito, os datos oficiais do INE amosan que a inflación se disparou nos últimos meses: pasamos dun IPC do 2,3% en xaneiro a un 4,3% en agosto, o dato máis alto en tres anos. Mentres tanto, o acordo salarial asinado por CSIF, UGT e CCOO limita a suba de 2026 a un máximo do 2%. É dicir, os prezos medran máis do dobre que os nosos salarios.
Esta dinámica repetida ano tras ano supón un empobrecemento progresivo do persoal empregado público. Actualizando os cálculos coas variacións mensuais do IPC publicadas polo INE ata agosto de 2026 (o dato de agosto é aínda un avance, pendente de confirmación definitiva a mediados deste mes), a perda de poder adquisitivo acumulada dende xaneiro de 2020 xa alcanza o 12,36%, fronte ao 8,24% que denunciabamos en febreiro.
Case 4,2 puntos máis de perda en só sete meses (e a previsión cara a fin de ano vai na mesma liña). Dende a CIG seguimos esixindo incrementos salariais reais por enriba do IPC, unha cláusula de garantía salarial e a recuperación do poder adquisitivo perdido.
Isto evidencia a urxencia inaprazábel de abordar de inmediato a actualización duns complementos específicos fosilizados e sen actualizar desde a aprobación do Acordo de Carreira de 2007. A prioridade absoluta ten que ser reverter a situación de empobrecemento continuo e acelerado do persoal da AEAT e así o trasladou a CIG aos novos Director Xeral e mais ao Director de Departamento de RR.HH da AEAT. A prioridade, a urxencia, o que non pode agardar, é dar volta á situación de empobrecemento continuo e acelerado do persoal da AEAT
Tede en conta que a perda acumulada oficial confirmada (INE) é dun 12,36% dende xaneiro de 2020 ata agosto de 2026:
| Categoría | Subgrupo | Tramo | Soldo 2020 (€/ano) | Soldo 2026 (€/ano) | Perda anual (€) | Perda mensual (€) |
| CTH AEAT | A2 | 6 | 43.793,24 | 50.477,36 | 5.413,88 | 386,71 |
| CTH AEAT | A2 | 1 | 30.542,52 | 35.203,92 | 3.776,06 | 269,72 |
| AHP AEAT | C1 | 6 | 28.582,42 | 32.944,26 | 3.534,13 | 252,44 |
| AHP AEAT | C1 | 1 | 21.435,28 | 24.706,80 | 2.650,04 | 189,29 |
| Persoal AEAT | C2 | 6 | 22.579,94 | 26.026,06 | 2.791,65 | 199,40 |
| Persoal AEAT | C2 | 1 | 17.826,38 | 21.503,22 | 1.247,75 | 89,12 |
| SVA Investigación | A2 | 6 | 46.215,38 | 53.269,24 | 5.713,27 | 408,09 |
| SVA Investigación | A2 | 1 | 32.867,08 | 37.883,10 | 4.063,60 | 290,26 |
| SVA Investigación | C1 | 6 | 32.014,38 | 36.900,24 | 3.958,20 | 282,73 |
| SVA Investigación | C1 | 1 | 24.756,22 | 28.534,54 | 3.060,65 | 218,62 |
| SVA Marítima | A2 | 6 | 46.430,98 | 53.517,32 | 5.740,35 | 410,02 |
| SVA Marítima | A2 | 1 | 33.082,26 | 38.130,90 | 4.090,43 | 292,17 |
| SVA Marítima | C1 | 6 | 32.818,96 | 37.827,46 | 4.057,83 | 289,84 |
| SVA Marítima | C1 | 1 | 25.630,10 | 29.541,84 | 3.168,65 | 226,33 |
| Área Informática | C1 | 6 | 29.820,86 | 34.371,84 | 3.687,12 | 263,37 |
| Área Informática | C1 | 1 | 22.500,12 | 25.934,18 | 2.781,66 | 198,69 |
Nota 1: Os datos de IPC empregados chegan ata agosto de 2026 (avance INE). O dato definitivo publicarase a mediados deste mes, momento no que se enviará a táboa actualizada se hai variación.
Nota 2: Non se inclúen os importes de PIA nin outras produtividades, ao non seren iguais todos os anos e dependeren de diversos factores (área na que se presta servizo, obxectivos, etc.).
Nota 3: esta táboa está completa no arquivo .pdf que anexamos ao correo e que tedes tamén no Blog para a vosa consulta.