Reunión da Subcomisión paritaria do Mnisterio de Traballo e Economia Social
Retribucións, complementos→
A administración entrega as táboas cos incrementos dos anos 2025 e 2026 (ver o final da Nota)
A actualización das retribucións complementarias do 2024 segue pendente e "esquecida" en función pública, as correspondentes ao 2025 tamén seguen pendentes.
Da parte do expediente de complementos do SEPE que se aprobou por función pública infórmasenos que aínda están sen enviar os RID para modificar a RPT.
Concurso de traslados→
Anexo I 3ª fase 2025, publicada a resolución coa adxudicación provisional o mes de decembro, aínda están en prazo de ditar a resolución definitiva.
Anexo I 1ª fase 2026, xa solicitadas desde función publica a necesidade de prazas.
Anexo II 3ª fase 2025, finalizado en decembro e cubríronse, en total, catro prazas no SEPE. Aínda non pediron previsión de prazas para este 2026.
Ofertas de emprego→
2022→ segue paralizada a publicación da listaxe provisional de admitidos do grupo E0, lembramos que o ministerio ten 17 prazas.
2023→ o ministerio ten 25 prazas asignadas pero non teñen novidades que ofrecer. Publicada en xuño do 2025 e, dende CIG,esperemos que a convoquen antes de xullo do 2026 por aquilo de que non lles caduque a convocatoria.
2024-25, tamén sen novidades.
Xubilación parcial→
Non hai novidades neste tema pero desde CIG lembrámosvos as nosas propostas nesta materia;
- Establecer, con carácter xeral, a posibilidade de acollerse voluntariamente á xubilación parcial, con tres anos de anticipación á idade que legalmente lle correspondo ao persoal.
- Regular por acordo as porcentaxes máximas de xubilación parcial. É dicir, o 33% para o primeiro ano e o 75% para os dous seguintes.
- A parte das posibilidades de acumulación do punto 3 do artigo 215 da Lxss, engadir a posibilidade de acumular a totalidade do tempo para traballar, o dos tres anos, ao comezo da xubilación parcial.