Reunión Mesa Delegada do Ministerio de Facenda
Oferta de Emprego
Fan unha exposición de como están os procesos selectivos de funcionarios, e dannos un cadro con a execución dos anos do 2023 ao 2025.
Desde CIG manifestamos que vistos os datos o sistema de procesos selectivos é necesario reformalo xa que no mes de maio do ano 2026 aínda están sen tomar posesión persoas que teñen conseguida a praza das ofertas do ano 2023, postos que saen das necesidades de cubrir vacantes do ano 2022.
Adaptación Instrución 35 horas
Como sabedes este Ministerio non ten Acordo de Calendario de xornada e horarios, desde CIG entendemos que é necesario dispor de un Acordo neste sentido co fin de evitar distintas interpretacións da Instrución, insistimos en que o que se fixo desde a Subdirección de RRHH non e suficiente. Por parte da Subdirectora manifesta a intención de intentar chegar a un acordo sobre o calendario e horarios.
Concurso de Traslados.
Neste apartado manifestamos que non é de recibo a utilización das Comisións de Servizo como algo ordinario cando debe ser extraordinario, mais do 35% da mobilidade se esta facendo por este procedemento.
Insistimos na necesidade de promover mais convocatorias de concursos, así como a modificación das Bases en canto a valoración de méritos.
Traballo a distancia.
Como sabedes neste ministerio existe un acordo que a CIG non firmou que recoñece dous dias mardacos a semana, trasladamos a Subdirectora a necesidade de un novo acordo de traballo a distancia que recoñeza as necesidades do persoal e sexa flexible nos días que se queira facer dito traballo a distancia.
Gardaría na Coruña.
Solicitamos se nos dea traslado do tipo de contratos que se fixeron ao persoal para ver que se cumpre co que marca o Convenio, din que estase a cubrir a baixa da Directora dentro do establecido no Convenio, así como o resto de postos, desde a CIG solicitamos que se promova a cobertura de prazas a través das OPE´s