Reunión subcomisión Paritaria do Ministerio de Facenda
Oferta de Emprego.
Informan de que está previsto que se acumulen e que xa enviaron a solicitude das necesidades de este ministerio, para a do 2023 pediron 65 prazas das cales 45 son para condutores do Parque Móbil, na do 2024, 46 prazas todas para condutores do PME.
Desde CIG manifestamos que existen necesidades noutros Departamentos e que non entendemos que todo valla destinado ao PME, tamén dixemos que deberían de contar coa nosa aportación sobre a planificación das prazas a solicitar a Función Pública.
Complementos.
Os complementos RCT que se solicitaron a COPA foron rechazados, din que volveran a enviar solicitude, pedimos que nos dean traslado do novo informe, os complementos DH si foron aprobados, si alguén necesita mais detalle poñédevos en contacto con nós.
Desde CIG solicitamos a reunión do Grupo de Traballo de Complementos para facer un estudio das necesidades de complementos por departamentos para que darlle uniformidade a RPT en canto aos complementos.
Traballo a distancia.
Como sabedes neste ministerio existe un acordo que a CIG non firmou que recoñece dous dias marcados a semana, trasladamos a Subdirectora a necesidade de un novo acordo de traballo a distancia que recoñeza as necesidades do persoal e sexa flexible nos días que se queira facer dito traballo a distancia.
Gardaría na Coruña.
Solicitamos se nos dea traslado do tipo de contratos que se fixeron ao persoal para ver que se cumpre co que marca o Convenio, din que estase a cubrir a baixa da Directora dentro do establecido no Convenio, así como o resto de postos, desde a CIG solicitamos que se promova a cobertura de prazas a través das OPE´s.
Xubilación Parcial.
Seguimos a espera de que nos dean instrucións desde Funcion Pública, xa que aínda nin temos o modelo de solicitude que deben de enviar, ademais non saben como se vai a xestionar a formalización de contratos en base as solicitudes recibidas, as solicitudes serán telemática a través do portal Funciona e hai o compromiso de que se poidan empezar a presentar o 1 de xuño, así mesmo din que a plataforma a estará lista para presentar as solicitudes polo que comunicáronlles que farán desde Función Pública un curso para os distintos responsables de RR.HH. dos departamentos.
Produtividade.
Como sabedes a CIG non ten asinado o acordo sobre reparto xa que aínda mantén o informe do superior xerárquico que vincúlea a asignación de esta produtividade as empregada e empregados, é por este que lle solicitamos a nova Subdirectora a necesidade de negociar un novo acordo que suprima este informe xa que entendemos que pode castigar ou premiar segundo entenda a persoa coa potestade de facer ese informe.