SEPE. Nova aplicación para novas prestacións
Ó igual que a mensaxe do Rei polo Nadal, unha vez máis, o Director Xeral anunciou a modificación das prestacións asistenciais xunto cunha nova aplicación informática que fará a xestión das mesmas moito máis doada. A previsión desta modificación é o verán de 2024.
A CIG recordoulle ó Director Xeral que esta modificación normativa a leva anunciado todos os anos sen que chegue. Tamén fixémoslle saber que non nos parece normal que cada ano teñamos que aprender unha nova aplicación informática que vai ser a panacea e logo faia continuamente, por non falar de que se implanta antes de dar a oportuna formación.