SS. Faltan tres días

Venres, 11 Out 2024

 

Concentración en VIGO

 

14 de outubro de 2024

LUNS de 11:00 a 11:30

D. PROVINCIAL DO INSS VIGO

Rua O Grove 4 36209 Vigo

Animamos a que todas as persoas, compañeiros e compañeiras que poidades participedes na concentración, así como convidamos a acudir a toda a cidadanía e organizacións da sociedade civil para a defensa dun servizo público de calidade e das condicións de traballo na SEGURIDADE SOCIAL.

A concentración comunicouse á Delegación do Goberno e conta con todas as garantías legais.

Razóns para mobilizarse

  • Polo cumprimento de leis e acordos:

Acordo de 16 de maio de 2023, por extensión do incumprido anteriormente de data 29 de novembro de 2018, polo que se establecen as condicións iniciais para a implantación dun plan estratéxico de recursos humans na Administración da Seguridade Social.

RD 21/21 mandato ao Goberno sobre a aprobación do proxecto de lei de creación da Axencia Estatal da Seguridade Social.

Nin o Goberno nin o Ministerio cumpriron cos seus compromisos adquiridos.

  • Polas condicións de traballo:

Condicións de traballo recollidass nos acordos referendados que afectan a materias sensibels como a ordenación de recursos humanos, produtividades, provisión de postos de traballo, traballo a distancia con carácter voluntario, revisión de complementos específicos e retribucións ligadas ao cargo, modificación relacions de postos de traballo, estabilidade no emprego, acción social, calendario, formación, prevención e igualdade.

Falta de negociación e de interlocución válida para chegar a acordos. Sen carreira profesional, sistema retributivo e repartición de produtividade inxusta.

  • Pola cidadanía e un servizo público de calidade:

recuperación dun servizo público de calidade, eficiente e cunha atención á cidadanía como se merece, como garantía dun estado de benestar.

11 outubro de 2024