
Traballo a distancia no Ministerio de Política territorial e Memoria Democrática

O novo Plan de Traballo a Distancia que entra en vigor en outubro, aprobado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria democrática; fala de eficiencia enerxética, de conciliación, de atracción de talento. Sobre o papel soa ben, case perfecto.
Pero detrás desta capa de boas intencións hai unha realidade que o Ministerio non quere abordar e para a CIG é fundamental: a precariedade retributiva. A CIG asinou o acordo. Non porque o teletraballo sexa a solución a todos os males, senón porque era necesario regulalo para dar seguridade xurídica ao persoal. Pero iso non debe tapar a evidencia: mentres se regulan pantallas, horarios e conexións, os salarios seguen sen moverse.
Ver NOTA completa