Traballo a distancia no MPTFP

Venres, 13 Set 2024

Aprobouse na Mesa Delegada o Plan de Traballo a Distancia do Ministerio. Agora vaise remitir a Función Pública para a súa aprobación.

Tanto o INAP como MUFACE deberán elaborar tamén os seus propios plans ou adherirse a este.

O seu contido é prácticamente igual ao que xa había:

  • Vai ser voluntario e precisa de autorización expresa
  • No caso dos postos de atención directa ao público e rexistro só poderá autorizarse o traballo a distancia sempre que o reparto das tarefas ou a organización de quendas garanta o cumprimento íntegro das funcións do posto.
  •  Pódese autorizar ata 3 días á semana. Os días autorizados serán fixos.
  • Hai obriga, durante a xornada laboral, de estar en contacto e localización por medios telemáticos.