
Tramitación Anteproxecto Lei da Función Pública

Nesta última semana de xullo o goberno retoma a tramitación parlamentaria do “Anteproxecto de Lei da Función Pública”. É importante facer unha cronoloxía do acontecido ata hoxe coa tramitación desta futura lei.
⚫ No ano 2022 e 2023, na Mesa Xeral de Negociación da Admon. Xeral do Estado (art, 36,3 TREBEP), procedeuse a negociar un “borrador do anteproxecto de lei da función pública”.
⚫ Esta “lei da Función Pública” vén a desenvolver o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) aprobado fai ¡¡17 anos !!. Lei que o goberno se presta a negociar pola presión de Europa a adoptar medidas estructurais para acceder aos Fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
⚫ En marzo de 2023, este borrador foi aprobado cos votos a favor de CCOO e UGT e cos votos en contra da CIG, ELA e CSIF.
⚫ A convocatoria de eleccions paraliza a súa tramitación parlamentaria, e o goberno dun xeito unilateral para poder acceder aos fondos europeos nos prazos fixados por Europa, vese na obriga de publicar en decembro do ano 2023 un Real Decreto Lei (6/2023 de 19 de decembro) onde se recollen as medidas máis importantes esixidas por Europa, medidas que viñan recollidas no “borrador do anteproxecto de lei da función pública”.
⚫ Este R.D. xa deixa desenvolvido, vía ordes ministeriais, os elementos máis imporantes deste “anteproxecto de lei da función pública”, como son as “Areas Funcionais”, “Persoal Directivo”, “Avaliación de desempeño”, “Movilidade”,etc.
Situación na que nos atopamos
O goberno do PSOE cos parabéns de CCOO e UXT, vai proseguir a tramitación dunha lei onde os seus puntos máis importantes xa están regulados (R.D. 6/23 de 19/12/23) por imposición de Europa, e se ben é certo que esta Lei de Función Pública é necesaria, nin moito menos vén a solucionar os problemas reais. Dende a CIG entendemos que este é un texto produto da precipitación política, e solicitamos ao goberno que reconsidere o seu proceder e volvamos o punto de partida onde haxa unha negociación real.