Xa está publicado o Plan de Acción Social: prazos de solicitude

Venres, 11 Abr 2025
Xa está publicado o Plan de Acción Social 2025 na intranet corporativa. O prazo para solicitar as axudas comezará nos vindeiros días. O prazo de solicitude das diversas axudas e o prazo de cobertura é o seguinte:



Como nos anos anteriores, é imprescindíbel en primeiro lugar confirmar a unidade familiar
As principais novidades son:
  • Incorpórase funcionalidade nova para recibir avisos de notificacións no correo persoal
  • As solicitudes deben presentarse telemáticamente en todo caso, e preferentemente pola Oficina Virtual de Persoal
  • A axuda por material didáctico (en promoción do persoal) só se dará nunha única convocatoria do PAS
De relevo tamén é que as facturas e xustificantes de pagamento teñen que axustarse ao disposto no apartado 3.4 das Bases Xerais do PAS 2025

O principal problema que lle vemos desde a CIG ao Plan de Acción Social de 2025 é a manifesta insuficiencia do orzamento con que conta. De haber orzamentos xerais do Estado e ter negociado antes a Dirección da AEAT o aumento da partida de acción social, os remanentes distribuiranse na comisión de seguemento do acordo do plan de acción social, que é o motivo principal polo que asinamos o acordo desde a CIG, para non permitir á Administración xestionar a acción social de maneira unilateral

Desde a CIG, xunto ao incremento de orzamento e que este non sexa un crédito vinculante, volvimos insistir durante a negociación do PAS na necesidade de que a promoción interna sexa canalizada abrindo a todo o persoal interesado La Academia- que se financia a través de formación- liberando esa parte do orzamento de acción social para as restantes axudas. Advertimos das mudanzas na “pirámide de poboación” da AEAT, que está incrementando o peso das axudas por coidado de fillas e entendemos que esta é a maneira de cubrilo