A CIG NON ASINA O ACORDO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL DE XUSTIZA
Este martes, 2 de decembro, a Dirección Xeral trouxo á mesa un proxecto de regulación da traxectoria profesional igual que o que foi probado pola Xunta para o seu persoal (e non asinado pola CIG). O propio Director manifestou que non había marxe de negociación. Iso si, non se elimina a discriminación con respeto aos corpos de xestión e medicina forense, algo que na Administración autonómica non existe. Para o que se quere imos da man de Función Pública pero cando non interesa non.
As porcentaxes recollidas no proxecto para o pagamento do Grao III son:
Para corpos de auxilio e tramitación:
- No ano 2025, o 35 %.
- No 2026, o 70 %.
- No 2027, o 100 %.
Para xestión e medicina forense:
- No ano 2026, o 35 %.
- No ano 2027, o 70 %.
- No ano 2028, o 100 %.
A pesar da insistencia da CIG, o texto segue a manter a exixencia de estar en activo en dúas datas para ter acceso a solicitala: o 31/12/24 (corpos de auxilio e tramitación) ou o 31/12/2025 (corpos de xestión e medicina forense) e no momento de realizar a solicitude. Esta circunstancia provoca que
- haxa persoas interinas que con non estar nunha desas datas nomeada non poidan pedila. A CIG solicitou que poidan facelo só polo feito xa de estar na bolsa, estean a traballar ou non nas datas fixadas.
- haxa xubilados/as a data de solicitude pero que traballaron durante o período de devengo que non poidan solicitala. A CIG solicitou que neses casos se permitira solicitar o período correspondente.
Finalmente o texto, sen ningunha modificación derivada desta mesa, foi acordado co beneplácito de USO, STAJ, UXT e CCOO.
A efectos méramente informativos, estes serían os requisitos e o prazos para solicitar a traxectoria:
b. Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1 deste acordo a 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 5 anos a 31.12.2024.
c. Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste acordo a 31.12.2024.
b. Posuír, na data de publicación desta convocatoria, o recoñecemento do grao I no mesmo corpo no que corresponda adquirir o grao extraordinario II. Queda excluído o persoal que accedera ao grao I na convocatoria extraordinaria do 2024.
c. Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1 deste acordo a 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 11 anos a 31.12.2024.
d. Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste acordo a 31.12.2024.
III. Grao extraordinario III:
a. Estar en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza) no prazo de presentación de solicitudes.
b. Posuír, na data de publicación desta convocatoria, o recoñecemento do grao II no mesmo corpo no que corresponda adquirir o grao extraordinario III. Queda excluído o persoal que accedera ao grao II na convocatoria extraordinaria do 2024.
c. Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1 deste acordo a 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 17 anos a 31.12.2024, no caso de que o recoñecemento do grao corresponda no corpo de auxilio xudicial ou no corpo de tramitación procesual e administrativa.
Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1 deste acordo a 31.12.2025 e contar cunha antigüidade mínima de 17 anos a 31.12.2025, no caso de que o recoñecemento do grao corresponda nos corpos de medicina forense ou no corpo de xestión procesual e administrativa.
d. Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste acordo a 31.12.2024 ou a 31.12.2025, segundo o corpo no cal corresponda o recoñecemento do grao.
O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes será:
• Graos I e II:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
• Grao III:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal