
A CIG NON ASINA O ACORDO PRESENTADO POLA DIRECCIÓN XERAL PARA A IMPLANTACIÓN DA NOVA OFICINA

Hoxe día 5 celebrouse unha mesa sectorial cun primeiro punto na orde do día sobre a última proposta de acordo remitida pola Administración. En palabras do Director Xeral, era a última, sen apenas posibilidade de modificación no substancial.
A CIG xa manifestou o día 1 de abril, cando se chegou a un acordo no aspecto retributivo, que non o asinaría a toda costa, que non era un cheque en branco, que temos diante a maior reforma da historia da Administración de Xustiza e que non se pode saldar cun empeoramento xeralizado das condicións de traballo para o seu persoal.
As últimas decisións da Dirección Xeral, negándose a crear servizos comúns xerais para asumir as labores dos antigos Decanatos, o non establecemento de postos singularizados nas localidades da Fase I de implantación, a negativa a especificar que rpts van levar materia de violencia contra a muller, e sobre todo a resolución de estrutura e deseño das oficinas xudiciais que se publicará no DOG o vindeiro día 7 (xunto coas rpts da Fase I) sen ter sido negociada, provocaron que o sector de Xustiza da CIG decidira non asinar un acordo cun texto que o comprometería “ao apoio da implantación do novo modelo”. A Dirección Xeral pretende o apoio sindical sen negociar unhas rpts que modifican substancialmente as condicións de traballo, polo que a CIG non só non vai asinar o acordo senón que emprenderá as accións que considere necesarias.
Hai uns días as sete organizacións sindicais presentes na mesa remitimos un escrito cunha serie de propostas sobre o proxecto de estrutura e sobre o acordo do complemento específico que non foron asumidas pola DX, e que para a CIG son irrenunciables. Porque as rpts que se van publicar, así como a resolución de estrutura van supor o seguinte:
- integración do persoal dos Decanatos de Fase I no servizo común de tramitación sen especificación das funcións.
- inexistencia de postos singularizados para os corpos xerais
- non especificación nas rpts de que persoal terá funcións en materia de violencia de xénero, o que supón que queda ao arbitrio da Dirección do TI ou da Secretaría de Coordinación entre todo o persoal do servizo común de tramitación.
- non se crean equipos de traballo nas rpts.
- establece pola porta de atrás compatibilidades do persoal de auxilio dos servizos comúns para prestar funcións da oficina do RC
- non separación por áreas no TI de Ferrol
A CIG non apoiará unha implantación da nova oficina xudicial sen unha negociación real das relacións de postos de traballo.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal