A CIG REXEITA O BORRADOR DA DX DUNHA NOVA REGULACIÓN DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO E PRESENTA UNHA PROPOSTA ALTERNATIVA

Luns, 17 Xun 2024

Hai unha semanas a Dirección Xeral presentounos un borrador de nova regulación da bolsa de persoal interino coa que pretende resolver os dous problemas máis importantes que está a provocar a actual norma: o bloqueo das bolsas de traballo e reserva polas numerosas suspensións temporais e a falta de regulación do persoal baremado que non forma parte das mesmas.

As persoas suspensas ocupan moitos postos nas bolsas pero non están dispoñibles para traballar , o que provoca que nin se poidan nomear nin permiten que suba xente ás mesmas por seren numerus clausus. Por outra banda, o persoal baremado non se rexe polas normas da bolsa, polo que poden renunciar as veces que queiran aos chamamentos ou mesmo aos nomeamentos sen que iso teña consecuencia algunha e mesmo volven a ser chamados/as para traballar á semana seguinte, estando nese sentido nunha situación máis privilexiada que as incluídas nas bolsas e, á súa vez, prexudica e dificulta a cobertura de prazas baleiras.

Ante isto a Dirección Xeral propuxo unha modificación sustancial da regulación ,eliminando as bolsas de traballo e reserva e creando unha bolsa de xente baremada que será renovada periodicamente para poder ir incorporando novos méritos.

A CIG rexeitou esa proposta e formulou unha serie de alegacións coa fin de mellorar claramente tanto o sistema actual como o proposto, tendo en conta que a deriva de toda a Administración é a da reducción do persoal interino (tal e como demanda a UE), o que se vai materializar, no caso da Administración de Xustiza, o vindeiro ano cando se creen os Tribunais de Instancia. É por iso polo que se debe facilitar o traballo a toda persoa que queira facelo nesta Administración e foi polo que propuxemos a creación dunha bolsa única para todo o país, na que se unifiquen os corpos e as provincias. Cada aspirante deberá seleccionar o corpo, a provincia e a zona de preferencia. Isto non só facilitará a mobilidade entre provincias senón que permitirá maior liberdade de elección para o persoal interino, porque poderá acceder a todos os corpos para os que cumpla os requisitos. Isto ten moita relevancia fundamentalmente para o corpo de xestión, menos numeroso que o de tramitación e que vai ver moi mermada a súa mobilidade tras a cobertura, no proceso selectivo actual, de máis prazas que desertas hai, ao incluír vacantes non ofertadas previamente a concurso.

En canto á proposta da DX de manter o procedemento actual de relegar ao último posto da bolsa ao persoal que traballe máis de un ano, introducindo agora o límite temporal de 6 meses, esta central sindical non a ve acaída, alegando que non é necesario modificar a posición, senón, en todo caso, de querer manter a DX a penalización, proceder á súa conxelación (tal e como sucede na bolsa autonómica) e nunca por máis de tres meses, que é o tempo de duración da prestación por desemprego xerada por un ano traballado. Este sistema garante que non se quede desprotexida a persoa durante a súa conxelación e que máis persoas poidan traballar nesta Administración.

O traballo interino é traballo precario, e a CIG non defende a profesionalización da precarización. Loitamos porque se creen o maior número de prazas posibles, que saian todas as vacantes a oposición e a concurso, porque o futuro pasa por menos traballo temporal e máis traballo fixo.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal