A CIG XUSTIZA CONSEGUE QUE SE VOLVA OFERTAR A COMISIÓN DO SCT TI SOCIAL E CONTENCIOSO DA CORUÑA
Nas comisións de servizos publicadas o día 3 ofertábase o posto SCEX da Coruña – Civil, Social, CA, Familia, Infancia e Capacidade e Mercantil, co código de posto XG92587020150307024.
Unha vez rematado o prazo para solicitar as comisións, publicouse a resolución coas adxudicacións provisionais e nesa resolución unha corrección na que se modificaba o título da praza correspondente a ese mesmo código, pasando a figurar como SCT TI da Coruña – Social e CA co mesmo código de posto.
A pesar desta modificación, non se ampliou o prazo de presentación de solicitudes, impedindo que as persoas interesadas tivesen a oportunidade de coñecer correctamente o posto que realmente se estaba ofertando e, en consecuencia, de decidir se querían solicitalo.
Desde a CIG Xustiza consideramos que esta situación prexudica as persoas participantes no proceso, xa que non é o mesmo un posto vinculado á execución civil que un posto de tramitación no ámbito social e contencioso-administrativo. A información publicada inicialmente condicionou as solicitudes, polo que non se pode considerar que as persoas interesadas tivesen a posibilidade real de optar pola praza finalmente ofertada.
Ademais, o feito de que a praza quedase vacante pon de manifesto a necesidade de corrixir esta situación.
Por todo isto, desde a CIG Xustiza solicitamos que se volva ofertar esta comisión de servizos, abrindo un novo prazo de solicitude que permita a todas as persoas interesadas coñecer correctamente as características e o destino do posto e, se así o consideran, presentar a correspondente solicitude.
Tras a reclamación realizada pola CIG, a Dirección Xeral de Xustiza acaba de confirmarnos que a praza volverá ser convocada, abrindo así unha nova oportunidade para que as persoas interesadas poidan solicitala coñecendo correctamente as características do posto.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal