A MUXEXU PARA O VINDEIRO ANO VAI CONTAR CON SÓ TRES ENTIDADES: ASISA, ADESLAS E NUEVA MUTUA

Martes, 12 Nov 2024

No día de onte tivemos coñecemento de que licitaron concerto coa MUXEXU para o vindeiro ano só tres entidades privadas: ASISA, ADESLAS E NUEVA MUTUA. De seis entidades coas que se contaba reduciron a tres, o que implica un desamparo para miles de mutualistas e beneficiarias. Nestes anos os e as mutualistas sofren un claro incumprimento dunha prestación sanitaria con garantías, existe unha baixa calidade na atención sanitaria que reciben e trabas burocráticas para acceder a servizos que teñen recoñecidos.

A CIG defende o modelo da sanidade pública, mas tamén hai cuestións que deben garantirse en todo momento para o conxunto das persoas mutualistas e dos seus beneficiarios, que son miles de persoas nesta situación. 

A posibilidade do paso de todo o funcionariado ao sistema público non pode ser realizado con improvisación e sen garantir os dereitos do persoal funcionario nin este pode provocar maiores tensións das que actualmente sofre o sistema público, xa que isto implicaría un claro aumento das listas de espera e polo tanto unha aínda maior saturación do sistema.

Non hai que perder de vista a deriva que está a haber dos/as usuarios/as á sanidade privada, coa contratación de seguros privados e cun aumento moi elevado do contrato deses produtos de atención privada. Non é casualidade que sexa neste momento, tras anos de incremento de pólizas privadas, cando aquelas aseguradoras que sempre viron na MUXEXU un negocio, anuncien que poden renunciar a el: renuncian porque xa teñen outro negocio afianzado que lles interesa máis.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal