ACADADO O MANTEMENTO DO PERSOAL INTERINO NAS BOLSAS MÁIS ALÁ DOS 65 ANOS DE IDADE

A CIG acaba de gañar unha sentenza pola cal se lle recoñece ao persoal interino o dereito a prorrogar, máis alá dos 65 anos, a súa idade de xubilación, e poder manterse nas bolsas
Luns, 04 Mar 2024

Unha vez máis, mentras outros miran cara outro lado, a CIG tivo que recorrer aos tribunais en defensa dos intereses das traballadoras/es da Administración de Xustiza. Neste caso, acaba de notificársenos unha sentenza pola que se lle recoñece ao persoal interino o dereito a prorrogar, máis alá dos 65 anos, a súa idade de xubilación, e poder manterse nas bolsas ata que, ou ben se cumpra a idade ordinaria de xubilación no Réxime Xeral da Seguridade Social (actualmente 66 anos e seis meses), ou poder prorrogar aquela ata os 70 anos de idade, se así o solicita, permitindo o seu mantemento nas bolsas respectivas.

Neste momento só a Comunidade Autónoma Galega, dentro de todo o Estado, estaba a manter esta posición inflexible de non permitir ao persoal interino prorrogar a sua idade de xubiliación se non se mantiñan en activo co que, ao cesar decaía o seu dereito de prórroga e eran expulsados automáticamente da bolsa respectiva. Ao non cumnplir o tempo de cotización necesario e non ter a idade establecida pola Seguridade Social na súa modalidade contributiva sen coeficiente reductor por razón da idade, esta denegaba o dereito á pensión de xubilación ata como mínimo acadar dita idade, o que de facto a Xunta de Galicia estaba a impedir.

A sentenza é rotunda e estima totalmente as peticións realizadas, condenando á Xunta de Galicia ao pagamento de 400 euros en custas. Aqui vos deixamos o fallo da sentenza:

"...1º ESTIMAR o recurso contencioso-administrativo interposto por ........ contra a resolución do ........ do Director Xeral de Xustiza (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) da Xunta de Galicia, desestimatoria do recurso de reposición formulado fronte á resolución da Xefatura Territorial de ....... que a excluíu da lista de candidatos a postos interinos no corpo de ...........

2º.- Anular e revogar as resolucións impugnadas, condenando á Administración demandada a reincorporar á actora á mencionada bolsa de interinos, con efectos administrativos retroactivos.

3º.- Declarar o dereito da actora para permanecer en dita lista ata que cumpra a idade mínima para a xubilación forzosa establecida no artigo 205.1.a/ e disp. trans. 7ª TRLGSS; e a obter a prórroga ata os 70 anos cumprindo as mesmas condicións que o persoal funcionario de carreira..."

Así é como traballamos na CIG, pelexando polos dereitos das traballadoras/es da Administración de Xustiza e, ademais de loitar nos tribunais cara a cara coa Xunta de Galicia, pulamos tamén para que a Lei Orgánica se corrixa e se adapte neste caso á realidade pedíndolle e conseguindo que o Ministerio e Xustiza propoña a modificación do artigo 492.

Ver a nova publicada o pasado 29 de febreiro VER NOVA


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal