
APERTURA DA FASE DE PRESENTACIÓN DE MÉRITOS M.FORENSES - ESTABILIZACIÓN

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse un acordo do Tribunal de Cualificación único no que se establece o seguinte:
Conforme ao disposto na base 6.2 da convocatoria dase comezo á fase de concurso na que se valorarán os méritos que se detallan no baremo contido no Anexo II-A da Orde de convocatoria aos aspirantes da lista definitiva de admitidos.
Computaranse os méritos causados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes (14 de xaneiro de 2025 incluído).
Os méritos aos que se refiren os apartados A, C e D, incorporaranse de oficio polo Ministerio de Xustiza ao expediente dos opositores.
O prazo de presentación do resto de méritos comprenderá desde o 20 de marzo ao 21 de abril, ambos os días incluídos. Fóra dese prazo non se admitirá a achega de documentos sobre estes méritos.
A achega realizarase exclusivamente de forma telemática nun aplicativo ao que terán acceso os opositores:
https://pubwebseal.xustiza.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso#
O Manual de instrucións para a presentación dos devanditos méritos, así como a ligazón ao aplicativo informático asistente para a achega telemática dos mesmos, publicaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza.
Unha vez incorporados os datos de oficio e revisados os méritos alegados polos opositores, o Tribunal publicará na páxina web a valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada apartado e da puntuación total, e abrirase un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións pertinentes, na forma que se indicará nese momento.
Ligazón acordo:
Ligazón manual presentación méritos:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal