
AUXILIO, TRAMITACIÓN E XESTIÓN - ESTABILIZACION CONCURSO MERITOS PERSOAS DISCAPACIDADE

En relación cos procesos selectivos extraordinarios para acceso polo sistema xeral de acceso libre, polo sistema de concurso de méritos, reservado a persoas con discapacidade, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/1357/2024, do 19 de novembro, infórmase do seguinte:
1. Aquelas persoas opositoras que na súa solicitude inicial de participación non prestasen o seu consentimento para que o órgano xestor do proceso selectivo poida verificar de oficio as súas titulacións ou certificacións académicas, deberán tamén achegar estas, de entre as valoradas no apartado A de o baremo contido no anexo II, III, e IV respectivamente, segundo o Corpo, a través da dirección de correo electrónico de procesos.selectivos@mjusticia.es, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dirixidos á Unidade EA0041037Procesos Selectivos Administración de Xustiza.
2. Pola súa banda, conforme ao disposto na base 7.2 da Orde de convocatoria, os opositores e opositoras que concorran por Comunidades Autónomas con exercicios optativos, achegarán neste momento, as certificacións acreditativas dos coñecementos idiomas ou dereito propios correspondentes, a través da dirección de correo electrónico que se indica a continuación, segundo o Corpo, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dirixidos á Unidade EA0041037-Procesos Selectivos Administración de Xustiza:
- Corpo de Xestión Procesual e Administrativa: tcugesconcurso2023@mjusticia.es
- Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa: tcutraconcurso2023@mjusticia.es
- Corpo de Auxilio Xudicial: tcuauxilioconcurso2023@mjusticia.es
A documentación referida anteriormente, deberá de presentarse en arquivos PDF nomeados cos apelidos e nome do aspirante.
Na mensaxe que se envíe no apartado “asunto" deberá indicarse o ámbito territorial polo que se presenta e Lingua ou Dereito Foral segundo proceda.
3.- O prazo que rexe para a presentación desta documentación é o mesmo que para o resto da documentación.
Prazo de presentación: Quince días hábiles (ata o 11 de xuño) a partir do día seguinte de publicación da presente nota informativa.
Para máis información preme, segundo o corpo, nas seguintes ligazóns:
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Auxilio-Judicial-1357
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Gesti%C3%B3n-concurso-1357
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal