AUXILIO XUDICIAL QUENDA LIBRE PUBLÍCANSE NO BOE E DOG OS DESTINOS DEFINITIVOS

Resolucións de 21 de novembro (DOG 04/12/2023) (BOE 04/12/2023)
Luns, 04 Dec 2023

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza aos/ás que se lles outorga destino deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e mais no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos á dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria.

En caso de que os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de auxilio xudicial e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Illas Balears, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio.

No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa e o cesamento automático con data do día anterior a que se produza a toma de posesión no corpo de auxilio xudicial, co obxecto de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Os/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial aos/ás que se outorga destino en virtude desta resolución, aínda que foran destinados/as con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos dende a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Nas ligazóns que se achegan tes as diferentes resolucións tanto a publicada no DOG, como as publicadas no BOE:

DOG 04/12/2023

BOE 04/12/2023 NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIOS/AS

BOE 04/12/2023 DESTINOS ADXUDICADOS

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal