CAMPAÑA DE ELABORACIÓN DA DECLARACIÓN DA RENDA 2025
Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), desde a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas aquelas persoas afiliadas que teñan as cotas ao día (no caso de non estar ao día por algún motivo pódense regularizar).
A campaña da renda deste ano comeza o día 13 de abril 2025 rematando o 30 de xuño 2025.
Para solicitar cita podes facelo por dúas vías:
08/04/2026 ‐ Vía WEB: Accedendo mediante o enlace directo https://oficina.cig.gal/renda. A solicitude sempre se fará cos datos da persoa afiliada e cubrindo os datos solicitados. Hai que por o importe da casilla 505 da renda do 2024, e, no caso de non ter feito a renda indicar os 5 últimos números de conta bancaria. Unha vez cubertos estes datos accedes a axenda e lembra que as citas poden ser presenciais (terás que achegarte ao local) ou telefónica (ese día e hora aproximada chamarémoste). A cita será confirmada no correo electrónico indicado.
08/04/2026 ‐ Vía Telefónica: Chamando aos locais da CIG preferiblemente no horario de mañá.
Para coller a cita tes que ter a man o documento de identidade, a renda do ano pasado e senón fixeches a renda terás que indicar os 5 últimos números da conta bancaria, tanto teus como do teu cónxuxe ou parella.
Imprescindible ter estes datos a man no momento da chamada senón non poderemos concertar a cita.
Indica se percibiches salarios atrasados, por sentenza, acordo, Fogasa, etc.... antes do inicio desta campaña xa que pode ser que teñas que tributalo neste exercicio!!!
Lembra que á hora de facer a Declaración da Renda que a cota sindical desgrava.
RECOMENDAMOS QUE POLA SUA FACILIDADE E PRACTICIDADE COLLAS A CITA VIA WEB, no enlace https://oficina.cig.gal/renda, xa que pola densidade do número de chamadas que se reciben, as liñas colápsanse, facendo imposible dar a atención debida.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal