
COMISIÓN ACCIÓN SOCIAL 2024

Hoxe celebrouse coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do fondo de Acción Social do ano 2024, previamente remitíronnos o borrador da Resolución que da publicidade á referida convocatoria e que está prevista a súa publicación para finais de maio ou primeiros de xuño.
Outro ano máis volvemos a reiterar que o importe da axuda de acción social é de todo insuficiente xa que seguimos a ter unha partida orzamentaria de 21.911,00 euros, exactamente igual desde o ano 2020 (lembramos que no 2019 a partida era maior 22.294,00 euros).
E evidente que, para a elaboración dun programa real e eficaz de acción social, é necesario o incremento do orzamento ao 1% da masa salarial e fixar de xeito automático a subida do IPC.
CONTIA DAS AXUDAS TENDO EN CONTA O GRAO DE DISCAPACIDADE:
-Do 33% ao 64%: 300 €
-Do 65% ao 74%: 600 €
-Do 75% en diante:1200 €
Estes importes seguramente veranse reducidos a causa do número de instancias presentadas a fin de que o montante global non supere os 21.911,00€.
As axudas denegadas en anos anteriores que, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foran acollidas favorablemente, pagaranse con cargo ao presente Fondo de Acción Social.
A axuda pagarase na conta consignada para o ingreso da nómina.
SOLICITUDES E PRESENTACIÓN:
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX. A forma de presentación será telemática, agás das excepcións recollidas na resolución pendente de publicar. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo máximo para resolver as solicitudes será de 6 meses.
Así mesmo trasladamos entre outras as seguintes alegacións:
- Que se incremente o capítulo de acción social ata o 1% da masa salarial.
- Que se faga o mesmo que no ámbito ministerio, onde as axudas que se conceden son proporcionais ao nivel de renda das familias. Así mesmo a recuperación dos programas de axuda por fillos/as, garderías, comedor, estudos..
- Compatibilización das axudas con outras que se poidan percibir, xa que no punto 1.5 do borrador da DXX no se indica a normativa que se está aplicando para declaralas incompatibles.
- Que as axudas denegadas en anos anteriores que, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foron acollidas favorablemente, deberían de ser abonadas con cargo a unha partida extraordinaria, tal como prevé a Lei Orgánica 2/2012 para financiación de sentenzas firmes.
Como todos os anos anteriores, amosamos o noso rexeitamento á falta de negociación real da Xunta, sabendo de antemán que as bases propostas por a DXX van a ser aprobadas a pesar da nosa oposición.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal