CONCURSO ESPECÍFICO PRAZA DE XEFATURA DE AUXILIO XUDICIAL EN LUGO - SERVIZO COMÚN XERAL (SCAC)
Publicouse no DOG e BOE do 24 de xullo a RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial no Servizo Común Xeral de Lugo - Servizo Común de Actos de Comunicación.
As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.
O prazo de presentación será de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
_pax-0001.jpg)
Para ver a resolución completa preme nas ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal